





Uxío Novoneyra: Poeta/Alén
Este documental mostra a vida e obra do poeta galego do Courel Uxío Novoneyra dende unha dobre perspectiva: a análise íntima e familiar da súa obra, tanto poética como artística, e a do seu compromiso ideolóxico, a reinterpretación dunha escolma dos seus poemas para significar o modo vivo dos seus versos.
O documental está dirixido por un dos seus fillos, Uxío Novo Rey, e nel colaboran diferentes artistas, biógrafos, políticos e veciños que amosan as distintas vertentes do poeta, dende as súas orixes, a vida do Courel, o grupo Brais Pinto, o pensamento político e mesmo a lingua galega.
O relato establece un paralelismo cos feitos máis destacados acontecidos en Galicia e no mundo na segunda metade do século XX e como o poeta se viu afectado por estes feitos.