Os Espazos en Branco

Un diálogo coa ausencia, unha viaxe polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. A unidade componse da desorde (Os espazos en branco) é unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.

Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela? Preguntas universais que describen un conflito interno, unha contradición, unha ferida a curar a través da ferramenta que mellor explora os sentimentos humanos: o cine.

Intérpretes: Melania Cruz, Sheyla Fariña y Lidia Veiga.

Ano:
2022
Duración:
89 min
Formato:
4K DCI / stereo
V.O.:
Galego
Subs.:
Castelán, Inglés
Dirección:
Bruno Arias
Guión:
Bruno Arias y Lucía Ramiro
BSO:
Dani Cornes