Contamos
historias e
facémolas posibles.

#serea

 

Substantivo feminino.

Ser fantástico co busto dunha muller e co resto do corpo de peixe.

As sereas enganaban aos mariñeiros cos seus cantos e fixéronos naufragar.

E, que é o cine se non o engano e a ilusión?

 

En Serea Films adicámonos á produción e realización audiovisual para cine, televisión e plataformas. Apaixónanos contar historias que teñan un valor importante da realidade dentro do irreverente, do divertido ou do pouco convencional.

 

Historias que hai que sacar á luz para ser máis conscientes do mundo no que vivimos. O noso obxectivo é crear proxectos en cine documental, ficción e televisión que poidan impactar, entreter e enriquecer ao espectador.

 

Únete a nós para descubrir novas historias e vivir experiencias dende a realidade máis profunda.